Segue aberto o prazo para participarmos na Andaina Nocturna Santa Compaña

08 Agosto 2025

Dende o Concello de Rianxo veñen de lembrar que segue aberto o prazo de inscrición na Andaina Nocturna Santa Compaña de Rianxo 2025, que está previsto que se celebre o vindeiro 16 de agosto ás 22:45 horas. As prazas son limitadas e poden reservarse na web Rockthesport.com. O prazo estará aberto até o 14 de agosto.

Trátase dunha actividade de lecer, deportiva, lúdica e cultural organizada pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda coa colaboración do Concello de Rianxo. O percorrido será de 8 quilómetros.

Celebrarase en horario nocturno: de 23:00 a 3.00 horas. As persoas de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos poderán participar cunha autorización por escrito dos proxenitores. Entre os 8 e os 14 anos ademais do anterior deberán ir acompañados/as dun adulto.

O punto principal da actividade sitúase na Area Recreativa de Campo Maneiro, na parroquia de Taragoña. A andaina iniciarase ás 23:00 h. realizando un percorrido circular ata a aldea de Ourille pasando polo alto do Castro Barbudo e rematando de novo na area recreativa campo Maneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.