Remata o Campamento Dixital de Rianxo

19 Agosto 2025

O pasado xoves 14 de agosto o Concello de Rianxo puxo o punto final ao seu Campamento Dixital, celebrado durante a primeira quincena de agosto para achegar lecer dixital saudábel, seguro, creativo e enriquecedor para a rapazada. O Concello confirmou que do 25 de agosto ao 5 de setembro realizarase outro Campamento Dixital, dirixido a rapaces e rapazas de 9 a 12 anos.

A actividade veu da man do Servizo de Xuventude do Concello de Rianxo e o seu obxectivo foi formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais, “garantindo así a súa inclusión tecnolóxica e impulsando a mellora dos seus coñecementos e habilitades en materia de seguridade informática e bo uso das redes e dos dispositivos”.

Ao mesmo tempo, achegáronselles nocións prácticas de utilidade para axudalas/os a teren navegación seguras, útiles e proveitosas para a súa formación.

A actividade desenvolveuse en agosto en dúas quendas, do 4 ao 14 de agosto ou do 18 ao 29 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 horas, no Auditorio de Rianxo. O campamento, que é gratuíto, volverá o 25 de agosto cunha terceira quenda.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...