Portosín celebra esta “finde” as súas Festas do Carme

13 Agosto 2025

Portosín está esta fin de semana de festa. Concretamente, entre os días 15 (venres) e 17 de agosto (domingo) a vila vai celebrar as súas Festas do Carme 2025, organizadas novamente pola Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín.

A troula comeza este venres ás 18.00 horas co Memorial Manel Deán, en homenaxe ao concelleiro de Porto do Son recentemente falecido. Consistirá nun partido de fútbol no Campo Municipal Emilio García coa participación de xogadores veteranos do CD Portosín dende a súa fundación. Ás 23.00 horas haberá verbena con Discomóvil Impacto.

O sábado haberá ruada de mañá con Canlebó e ao mediodía con Alambique. Logo ás 13.00 horas celebrarase a XXXV Festa da Exaltación da Sardiña Azul de Portosín e pola tarde, ás 17.00 horas, haberá regata de remo do Náutico contra a Confraría. As 18.00 horas arrincarán os xogos para a rapazada: haberá inchábeis, xogos populares, pintacaras, cucañas con premios e festa da escuma. Pola noite a partir das 23.00 horas a Orquestra New York e Discomóbil Impacto encargaranse da verbena.

O domingo arrincará con dianas e alboradas a cargo de Canlebó e logo está previsto (ás 10.30 horas) que comece a procesión dende a Igrexa de Portosín. Ás 11.00 haberá misa na honra da Virxe do Carme no peirao de Portosín e ás 13.00 está programado un conceto da Banda de Música de Caamaño. Ás 18.00 celebrarase a procesión marítima e polo serán, ás 21.00 horas, comezará un concerto na praza do Curro a cargo de A Misela. Pola noite verbena coa Orquestra París de Noia a partir das 23.00 horas.

Outros artigos

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.