
A parroquia boirense de Bealo celebra entre este venres 29 de agosto e o 7 de setembro as súas Festas de San Ramón. Farao coa tradicional romaría con máis de 260 anos de historia.
As actividades comezan este venres 29 co San Ramón Fest que contará cos DJ Marcos Kintana e disco móbil Pirámide XL. Xa o sábado 30 celebrarase a subida dos santos da Igrexa a San Ramón ás 12.00 horas e misa na honra de San Gregorio. Pola noite verbena con Kalima, disco móbil Pirámide XL e DJ Marcos Kintana e DJ Tito Maverick.
O domingo será o día grande de San Ramón coa romaría popular. Haberá misas rezadas dende as 9 da mañá ata as 13.00 horas que terá lugar a misa cantada, e tamén unha sesión vermú coa orquestra Escaparate, e pola tarde baile tradicional don Abeloura e Xilbarbeira. Pola noite comezará a verbena con Escaparate e Alkar.
O programa das festas continúa o luns coa verbena a cargo de Alianza e Compostela; o martes con Trébol e JB Son e o mércores broche final con París de Noia e Unión y Fuerza. Como é habitual o programa de actividades de San Ramón remata o domingo 7 de setembro co San Ramonciño pequeno onde haberá polbo e viño a prezos populares, música tradicional e actividades para nenos e nenas.
Programa
Venres 29 de agosto
San Ramón Fest con DJ Marcos Kintana e disco móvil Pirámide XL
Sábado 30 de agosto
12.00h – Subida dos santos da Igrexa a San Ramón
12.30h – Misa cantada na horna de San Gregorio
21.00h – Novena e misa na honra de San Ramón
Verbena con Kalima, disco móvil Pirámide XL e DJ Marcos Kintana e DJ Tito Maverick
Domingo 31 de agosto
9, 10, 11 e 12h – Misas rezadas
13.00h – Misa cantada
Sesión vermú coa orquestra Escaparate
19.30h – Baile Abeloura e Xilbarbeira
Verbena con Escaparate e Alkar
Luns 1 de setembro
12.00h – Misa cantada
Verbena con Alianza e Compostela
Martes 2 de setembro
12.00h – Misa cantada
Verbena con Trébol e JB Son
Mércores 3 e agosto
12.00h – Misa cantada
Verbena con Paris de Noia e Unión y Fuerza
Domingo 7 e agosto
12.00h – Misa cantada
Grupo de gaitas
Polbo a prezos populares
16.00h – Actividades para nenos



