O Concello de Lousame entregará o título de fillos adoptivos aos artistas Alfonso Costa e José Luís Veiras o vindeiro mércores na igrexa de Camboño

01 Agosto 2025
Pastor Rodríguez con Veiras Manteiga e Alfonso Costa

A igrexa parroquial de Camboño (Lousame) acollerá o vindeiro mércores 6 de agosto, ás 20:30 horas, o acto de entrega do nomeamento como fillos adoptivos do Concello de Lousame aos artistas Alfonso Costa Beiro e José Luís Veiras Manteiga. O acto está aberto á veciñanza de Lousame en xeral e da parroquia de Camboño, en particular, xa que é onde residen ambos os dous artistas. A asistencia é totalmente libre e de balde, ata completar o aforo da igrexa.

Alfonso Costa e José Luís Veiras recibirán as súas distincións de mans da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, en representación da corporación municipal, que o pasado venres 25 de xullo aprobou por unanimidade estes nomeamentos “como recoñecemento ás súas longas traxectorias artísticas, ambas avaladas polos premios acadados e a crítica”.

O director do Museo de Artes do Gravado de Ribeira, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, será o encargado de facer a laudatio de ambos os dous artistas, na que recollerá os múltiples méritos e logros que os fan merecedores do nomeamento como fillos adoptivos do Concello de Lousame.

De feito, o escrito de nomeamento recolle que tanto Alfonso Costa, orixinario da Vila de Noia, como José Luís Veiras, nado en Compostela, residen en Camboño dende hai máis de 20 anos onde teñen amosado a súa implicación coa parroquia de Camboño e cos seus veciños, aportando singularidade e deixando constantes mostras da súa xenerosidade e implicación cos proxectos culturais en Lousame e na comarca.

En palabras do Concello, ambos son “creadores polifacéticos con universos únicos e irrepetíbeis que se comunican a través das diferentes linguaxes e disciplinas das artes plásticas, amosando un estilo persoal e inimitábel: pintura, fotografía, poesía, ilustración, gravado, cartelismo, escultura, pintura mural, banda deseñada… Coetáneos, auténticos e innovadores”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.