O Concello de Boiro inicia as obras para instalación de rueiros en San Mauro

12 Agosto 2025

O Concello de Boiro inicia obras no lugar de San Mauro, unha actuación que forma parte do proxecto de instalación de rueiros en Runs e San Mauro. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron na mañá deste 12 de agosto lugar para supervisar o inicio das obras.

As actuacións que se están a levar a cabo contemplan a pavimentación e instalación de rueiro no lugar de San Mauro. “Na actualidade os rueiros existentes presentan un mal estado xeral por esgotamento da vida útil do pavimento e, ademais, non existe rede de saneamento de augas pluviais”, comentou Luís Ruiz.

As obras contemplan a pavimentación e instalación de rueiros coa dotación de rede de saneamento de augas pluviais e rede de abastecemento, substitución de luminarias existentes por luminarias LED e execución de pavimento continuo de formigón, pavimento de lousas de granito e pavimento de lastras de granito.

As obras executaranse primeiro no lugar de San Mauro, parroquia de Lampón, e logo no lugar de Runs, parroquia de Boiro. O proxecto completo ascende aos 429.865,99 euros. “Seguimos apostando por mellorar os servizos e accesos a vivendas dos núcleos do rural, nesta ocasión nos lugares de Runs e San Mauro”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.