O “Batch Cooking” chegou a Ribeira para quedar

21 Agosto 2025

O Concello de Ribeira puxo o punto final hoxe ao obradoiro de cociña inclusiva desenvolvido no marco do programa Corresponsables, a través do Centro de Interpretación á Muller (CIM) e organizado pola Concellaría de Igualdade. O acto contou coa presenza do alcalde, Luís Pérez, e da concelleira de Igualdade, Cruz Rivadulla.

A iniciativa, que se celebra por segundo ano consecutivo tras o éxito da primeira edición no verán de 2024, céntrase na técnica do Batch Cooking, un sistema que permite organizar os menús semanais preparando con antelación as bases dos pratos e conservándoas en recipientes para poder utilizalas ao longo da semana.

A concelleira Cruz Rivadulla explicou que o formato non só promove unha alimentación saudábel e equilibrada, senón que tamén fomenta a conciliación familiar e a corresponsabilidade nas tarefas do fogar: “Trátase dun obradoiro pensado para homes, pero poden participar con acompañante. A cociña en equipo facilita que a responsabilidade se reparta e que toda a familia poida colaborar”. A responsábel de Igualdade sinalou, ademais, que nesta edición houbo lista de espera: “Contamos con 24 prazas e só poden participar 24 parellas, o que demostra a demanda crecente da actividade”.

Pola súa parte, o rexedor Luís Pérez destacou a relevancia de políticas municipais que reforcen a igualdade real entre mulleres e homes: “Estes obradoiros de cociña inclusiva son unha ferramenta útil para avanzar na conciliación e na implicación masculina nas tarefas domésticas. Ao mesmo tempo, permiten preparar distintas receitas e manter unha dieta equilibrada durante toda a semana”.

O alcalde lembrou tamén que o Concello traballa todo o ano na posta en marcha de accións vinculadas á conciliación familiar e laboral, como campamentos infantís ou actividades para mocidade e persoas maiores. Ademais, avanzou que haberá novas edicións dos obradoiros de cociña e que se estudará a posibilidade de ampliar o número de prazas dispoñibles.

C.R.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.