Noela Cotuna encheu de maxia Santa María A Nova no marco do Noia Harp Fest

01 Agosto 2025

A arpista Noela Cotuna ofreceu un concerto na tarde deste venres 1 de agosto, na Igrexa de Santa Maria A Nova e no marco da terceira xornada de celebración do Noia Harp Fest.

Cotuna, galardoada tanto a nivel nacional como internacional pola súa técnica e calidade interpretativa (e que ten actuado baixo a batuta de figuras recoñecidas como Kill Petrenko, Zubin Mehta, Daniel Barenboim ou Gustavo Dudamel) é un dos pratos fortes desta edición do festival. Na súa actuación, a actual arpa solista da Orquestra de la Comunitat Valenciana (OCV) rendeu homenaxe á intérprete e compositora francesa Henriette Renié no 150ª aniversario do seu nacemento.

Lembramos a axenda de mañá, sábado 2 de agosto.

12.30h | Igrexa de San Francisco
El concierto secreto. Con Juliette Commeaux & Laia Blasco (en colaboración con AEDA)

20.00h | Claustro de San Francisco
Bleuenn Le Friec. Con Uxía e Faia

22.00h | Praza do Tapal
Quico Comesaña
Ana Crismán

A seguinte e derradeira xornada desta 12ª edición terá lugar o 7 de agosto no Teatro Coliseo Noela, coa estrea mundial de Cuatro historias gallegas, a obra coa que o arxentino Federico Beilison obtivo o III Premio Internacional de Composición Portus Apostoli.

A Real Filharmonía de Galicia será quen interprete a peza, baixo a batuta de Sebastian Zinca, e coas arpistas Claudia Besné e Francesca Romana Di Nicola como solistas. As entradas para esta cita, a única de pago do NHF, están á venda en Ataquilla.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.