Mércores 27, unha fronte atlántica deixará choivas e descenso das temperaturas

26 Agosto 2025

Galicia quedará este mércores 27, Santa Mónica, baixo a influencia dunha fronte que se aproximará polo Atlántico, o que traerá unha xornada marcada pola inestabilidade.

Os ceos presentaranse máis nubrados na metade occidental xa desde primeiras horas. Co avance do día, a fronte irá penetrando no interior, deixando precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas na metade norte e na franxa atlántica, con treboadas ocasionais.

As temperaturas descenderán de maneira moderada, especialmente no caso das máximas, que quedarán máis contidas respecto a días anteriores. Máximas de 22 -24 graos.

En canto ao vento, soprará do oeste-suroeste pola mañá, con intervalos moderados no litoral. Co paso da fronte, rolará a oeste-noroeste, mantendo certa intensidade nas zonas costeiras.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e do noroeste á noite, forza 2 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e 3 a 3.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.