JEALSA homenaxea este xoves ao Club Piragüismo Boiro tralos seus éxitos nos Xogos Mundiais de Chengdu, China

13 Agosto 2025

Este xoves 14 de agosto, ás 20.00 horas, coincidindo coa celebración das II Xornadas Deportivas que organiza JEALSA e que neste día corresponden á promoción dos deportes náuticos, a conserveira boirense renderá unha homenaxe aos mozos e mozas do Club Piragüismo Boiro que formaron parte do combinado nacional que participou nos XII Xogos Mundiais celebrados de Chengdu (China) a pasada semana e que reuniu a máis de 5.000 deportistas de 120 países en 34 disciplinas.

Os deportistas boirenses competiron na modalidade de Barco Dragón, disciplina que debutaba nestes xogos de maneira oficial, conquistando dúas medallas de bronce nas categorías DB 8 Open e DB 10, ambas as en distancia de 2.000 metros e lograron así mesmo un cuarto e quinto posto en DB 10 e DB 8 mixtos sobre 500 metros.

A homenaxe será este xoves 14 de agosto na rúa peonil de Boiro (á altura do mercado municipal), a partir das 20.00 horas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.