Isorna celebra as súas festas (a partir deste venres) con concertos e actividades para a rapazada

21 Agosto 2025

Esta fin de semana celébranse as Festas de Isorna (Rianxo). Serán tres días (do venres 22 ao domingo 24 de agosto) de “música variada e actividades para todos os públicos”.

A troula comezará o venres 22, xornada adicada na honra de San Roque, que arrinca cunha ruada a cargo do grupo de gaitas Río de Anxo e cunha misa solemne ás 12.00 horas. POla noite haberá verbena con Charleston Big Band e Fussión.

O día seguinte, adicado á Virxe do Carme, arrincará cunha ruada a cargo de Río de Anxo e cunha misa solemne ás 13.00 horas. Algo máis tarde comezará unha sesión vermú co Dúo Reflejos. Logo do xantar, sobre as 17.00 horas, haberá actividades para a rapazada con inchábeis e unha festa da escuma.

O domingo 24 de agosto estará adicado á Nosa Señora das Dores. Comezará cunha ruada a cargo de Río de Anxo e cunha misa solemne ás 12.00 horas, que dará paso a unha sesión vermú co Dúo Ciclón. Ás 20.30 horas, no campo da festa (Casa da República), está previsto un concerto coa Banda de Música de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.