Degustación dos produtos da Reserva Mariña Os Miñarzos, organizada pola confraría de pescadores de Lira

02 Agosto 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde,participou na degustación dos produtos da Reserva Mariña Os Miñarzos, organizada pola confraría de pescadores de Lira, e financiada pola Administración autonómica, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).
Este apoio por parte do Goberno galego é unha das accións incluídas na programación destas achegas que, en 2024, ascenderon a preto de 250.000 euros e permitiron, ademais da promoción dos produtos pesqueiros, a formación de novos profesionais, co fin de fomentar o relevo xeracional; a mellora da calidade das capturas coa instalación dun produtor de xeo e auga salgada, a seguridade e das condicións de traballo; o acondicionamento do banco marisqueiro A Berberecheira; a recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños; e a dixitalización da confraría. Asemade, a
través de Portos de Galicia, entre outras actuacións, tamén está prevista a cuberta da lonxa, cun orzamento de máis de 180.000 euros.
A rula de Lira, que rexistrou en 2024 un volume de negocio de 900.000 euros pola venda de preto de 74 quilos de distintas especies, conta coa certificación pescadeRías onde se non? para a primeira venda de cefalópodos e crustáceos e para a conxelación de polbo, produto que se comercializa baixo a marca colectiva Polbo de Lonxa, na que están integradas tamén as confrarías de Fisterra, Corcubión, Muros, O Pindo e Porto do Son, e
que garante a orixe e a calidade aos consumidores.

18 anos de existencia
A Reserva Mariña Os Miñarzos, creada en 2007, foi a primeira de interese pesqueiro dacosta atlántica. Ocupa unha extensión de 2.074 hectáreas e ten por obxectivo principal impulsar a recuperación e conservación das poboacións das especies explotadas. En abril de 2024 o Consello da Xunta aprobou o plan de xestión para esta zona, destinado á mellora da ordenación pesqueira e á conservación da súa biodiversidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.