Boiro celebra o seu Mercado Castrexo 2025 os días 8, 9 e 10 de agosto

07 Agosto 2025

O Concello de Boiro celebra esta fin de semana unha nova edición do Mercado Castrexo de Boiro, que se desenvolverá na rúa peonil os días 8, 9 e 10 de agosto con postos de artesanía e alimentación, xogos e obradoiros de actividades e animación de rúa.

O obxectivo desta proposta lúdica é difundir a cultura galaico-castrexa e achegar o patrimonio cultural á veciñanza de Boiro e á que nos visita tamén na tempada estival. O mercado estará instalado dende o venres ás 11.00 horas e ata o domingo ás 24.00 horas na rúa peonil.

Durante as horas de apertura do mercado haberá animación de rúa con música celta, ruadas musicais e espectáculos de rúa así como outras actividades para rapazada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.