Ambar e a Confraría da Illa de Arousa presentan arousaaccesible.gal, unha guía dixital para promover o turismo sen barreiras

07 Agosto 2025

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, en colaboración ca Confraría da Illa de Arousa, vén de presentar a nova plataforma arousaaccesible.gal. Trátase dunha guía en liña que ten como obxectivo principal “converter a ría de Arousa nun referente en accesibilidade, facilitando o acceso a servizos, recursos e espazos para todas as persoas”.

A través da web, os usuarios e usuarias poderán atopar información detallada e actualizada sobre os lugares e actividades libres de barreira na contorna de Arousa, o que permite que todas as persoas poidan planificar as súas saídas e gozar plenamente da contorna. A iniciativa busca así “derrubar muros e fomentar un turismo e unha vida en comunidade verdadeiramente inclusivos”, explicaron as dúas entidades.

“Con este proxecto queremos demostrar que a accesibilidade é un dereito fundamental e un valor engadido para a nosa sociedade”, sinala Sheila Santos, coordinadora do proxecto Ría de Arousa Accesible, engadindo que “a guía é unha ferramenta clave para que a ría poida posicionarse como un destino turístico inclusivo e para que tanto as persoas con diversidade funcional como as persoas con mobilidade reducida, teñan a autonomía necesaria para vivir a vida que desexan. É un paso máis para construír unha comunidade sen barreiras”.

O proxecto Ría de Arousa Accesible é unha realidade grazas ao financiamento da Xunta de Galicia,

do GALP Ría de Arousa e ao co-financiamento da Unión Europea, que apostaron por esta iniciativa de gran impacto social.

Desde a Asociación Ambar animamos a toda a cidadanía e ós profesionais do sector a “explorar a web” e “a traballar xuntos/as para facer da inclusión unha realidade en cada recuncho da nosa ría”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.