Accidente mortal no río Coroño á altura de Runs, Boiro

06 Agosto 2025

Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira actuaron en grave accidente con persoa falecida en Runs no concello de Boiro. Os traballos leváronse a cabo de xeito conxunto entre os bombeiros de Ribeira e Boiro xunto SMPC, Policia Local, Garda Civil, GEAS, 061, médicos PAC Boiro. O vehículo accidentado caeu polo lateral dunha ponte e somerxeuse no río Coroño. O corpo foi recuperado polos mergulladores da Garda Civil. O suceso produciuse nunha vía da parroquia de Runs, na que residía a vítima. O vehículo, un Nissan Qashqai, quedou envorcado e mergullado a máis de dous metros de profundidade, o que fixo especialmente complexos os labores de acceso ao automóbil, o que fixo precisa a intervención dun equipo dos Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil. O corpo do condutor foi levado ao Complexo Hospitalario de Conxo para realizarlle a autopsia. A vítima tiña posto o cinto de seguridade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.