A Casa da Cultura da Pobra acolleu a inauguración da mostra “Silencios e derivas” de Asun Rodríguez e Eva Garea

02 Agosto 2025

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal acolleu, onte, a inauguración da exposición Silencios e derivas. A mostra é froito do traballo conxunto de dúas autoras, Asun Rodríguez e Eva Garea, que decidiron converter a súa amizade nunha auténtica obra de arte. A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, tomou parte na apertura da colección e aproveitou a ocasión para felicitar ás artistas polo seu enorme talento. Durante a súa intervención, a edil incidiu na aposta do goberno por seguir “dándolle a vida á instalación municipal, ofrecendo á veciñanza alternativas de lecer que favorezan un achegamento a distintas disciplinas artísticas”.

As 20 pezas que compoñen a composición son o resultado dunha amizade forxada arredor da paixón das autoras pola pintura. Así, ao pouco de coñecerse, Asunción Rodríguez e Eva Garea decidiron que querían realizar un traballo conxunto.

A mostra está concebida en dúas partes, unha dedicada aos silencios e outra ás derivas. Dunha banda, a primeira sección expón algúns lugares nos que aínda xorde o silencio tomando como marco un mundo cheo de sons e ruídos. Doutra, as derivas marítimas son tamén espazos de silencio e vense representadas a través de barcos afundidos ou materiais arrastrados polas mareas.

Ademais da propia inauguración, o acto contou cunha actuación musical por parte de Marta López. A mostra poderá visitarse ata o 30 de agosto no horario de atención da Casa da Cultura.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...