A Andaina do Polbo celebrarase este 9 de agosto a primeira hora da mañá con 23 quilómetros de distancia (dende Boiro até O Son)

08 Agosto 2025

O sábado 9 de agosto, encadrada na celebración da Festa do Polbo de Porto do Son, celebrarase unha nova edición da Andaina do Polbo, unha actividade que complementa a exaltación do cefalópodo reivindicando paisaxe, cultura, medio ambiente, confraternidade deportiva e gastronomía. Será un percorrido de dificultade moi alta e de 23 quilómetros de distancia, con saída dende Boiro (con bus dende a fachada marítima de Porto do Son ás 8.00 horas). Para as inscricións e para obter máis información cómpre enviar un correo a osoncamina@gmail.com. Será preciso incluír no correo o nome completo das/dos participantes, os DNI, os teléfonos e as datas de nacemento. As prazas son limitadas. A andaina terá un custe de 10 euros. A Festa do Polbo propiamente dita celebrarase ao remate da andaina e incluirá como de costume música tradicional, degustacións de polbo e concertos nocturnos para pór o broche de ouro a unha das exaltacións gastronómicas de meirande relevancia en toda Galicia e que este ano chega á súa XXXI edición.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.