A ABE inaugura este sábado cunha gran festa a campaña “Boiro, Compras con Corazón”

14 Agosto 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) celebra este sábado o acto inaugural da campaña máis ambiciosa da súa historia: Boiro, Compras con Corazón. Será este sábado, 16 de agosto, diante do Mercado Municipal de Boiro, e contará con música en directo, gastronomía e actividades para toda a familia.

Programa

13:15 h – Degustación de pratos con mexillón elaborados polo chef Miguel Mosteiro, en colaboración coa Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz -Boiro (acceso con Vales Corazón).

13:30 h – Intervencións institucionais: Daniel García, presidente da ABE, José Ramón Romero, alcalde de Boiro, e Gabriel Alén, director xeral de Comercio.

13:45 h – Concerto do grupo Cachas and Cousins (sesión vermú).

Durante toda a xornada estará activo o punto de información da campaña, onde o público poderá cambiar tíckets por rifas para o sorteo final de 5.000 € e, se está entre os 1.000 primeiros clientes, levar de agasallo unha bolsa exclusiva da campaña deseñada pola ilustradora local Thaís Tomé.

Pola tarde as actividades trasládanse á praza do Concello cun parque de inchábeis (acceso con vale corazón), posto de flocos de millo e a haima da ABEpara cambiar tíckets e conseguir bolsas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.