Volven as concentracións pola saúde pública este xoves en Ribeira e o venres en Aguiño

17 Xullo 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Barbanza vaise reunir novamente este xoves 17 de xullo ao mediodía, a partir das 12.00 no Centro de Saúde de Ribeira e este venres 18 de xullo ás 11.30 na entrada no Centro de Saúde de Aguiño. O obxectivo será seguir reclamando a cobertura do cen por cen das prazas do persoal dos ambulatorios de Aguiño e Ribeira.

Novamente serán lidos manifestos en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade, que porán o foco “na precariedade do servizo sanitario na comarca do Barbanza”, que, segundo denuncian dende a plataforma, “levan anos sufrindo falta de medios e persoal e precisan medidas urxentes da Consellería de Sanidade para emendar unha situación, de por si crítica, que se agrava estas semanas de xullo e agosto coa chegada da poboación turista”.

Entre as principais queixas figuran a falta de médicos de familia, o colapso nas citas de atención primaria, a redución de servizos no hospital comarcal e a precariedade laboral do persoal sanitario. Os manifestantes tamén esixiron máis recursos para a atención á saúde mental e unha maior cobertura nos centros periféricos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.