Ribeira presentará na praza de España os murais de Salmoira 2025

22 Xullo 2025


O pasado mes de novembro deu comezo a primeira edición de Salmoira, o festival de murais urbanos de Ribeira que, segundo confirmou o Concello, “está a servir para poñer en poñer en valor a cultura do mural xunto ao patrimonio histórico industrial da salgadura e da conserva”. Seguindo este fío, este martes 22 de xullo o rexedor ribeirán Luís Pérez, xunto á concelleira de Cultura, Antía Alberte, anunciaron un acto de presentación dos murais xa rematados da segunda edición de Salmoira que terá lugar o vindeiro sábado 26 ao mediodía na praza de España.

Na segunda edición de Salmoira destacaron as obras en gran formato de 3 recoñecidos muralistas; de primeiro temos a Mon Devane un muralista ourensán que creou o mural homenaxe ás cantareiras na rúa Miguel Rodríguez Bautista; tamén Lidia Cao que vén de crear no Malecón a Peixeira que mira cara ao mar que homenaxea a tódalas mulleres que desenvolven o seu traballo vinculado a este medio; e para finalizar repite no festival o muralista Fernando Yáñez, creador na primeira edición do mural do Fillo Predilecto de Ribeira, Manuel Ayaso, e que agora vén de executar o Castelao da rúa Canarias.

A concelleira de Cultura agradeceu o traballo dos artistas e tamén aos veciños que cederon os espazos así como “a boa acollida da veciñanza”. Alberte
anunciou que será un acto sinxelo onde intervirán as autoridades e actuarán As Pandereteiras de Carreira, Bailadela e Sete Linguas, As Garridiñas e As Ferreñas.

Pérez Barral manifestou que o festival está sendo un éxito “porque os veciños e veciñas nolo estiveron transmitindo ao longo destas últimas semanas nas que se estaban a executar os murais”. O alcalde significou o contido de cada unha das contribucións artísticas no acto en cuestión: “Ribeira fará unha homenaxe a Castelao e ademais en outono faranse novos murais”.

Para rematar agradeceu a presenza ao acto do secretario xeral da Lingua, Valentín García xunto ao presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.