Récord histórico de participación na Quincena Fantástica da ABE

17 Xullo 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) fixo un balance da súa campaña estival Quincenas Fantásticas, que, en palabras da patronal, converteuse nun “novo éxito” e “está a converterse nun referente para dinamizar o consumo local durante o verán e premiar aos clientes que apostan polo comercio de proximidade”.

A primeira quincena da campaña, celebrada entre o 1 e o 15 de xullo, pechouse con 2.000 rexistros de compras, acadando así o récord histórico de participación nunha quincena, superando o anterior máximo de 1.889 tíckets rexistrados en anos anteriores. Ademais, esta cifra practicamente duplica os rexistros da quincena inmediatamente anterior, na que se contabilizaron 1.032 tíckets, o que demostra o forte efecto incentivador da iniciativa, engadiron fontes da ABE.

Persoas gañadoras da Primeira Quincena Fantástica:

-Diego gañador de 250€ por unha compra realizada en Atmosfera Sport – Deportes Brincos.

-Ana Pombo gañadora de 150€ por unha compra realizada en Princesas y príncipes.

-Ana Mª Rodriguez García, gañadora de 100€ por unha compra realizada en Alimentación Teresa.

Os premios entréganse en Bonos ABE, que só se poden gastar nos negocios asociados, reforzando así o impacto directo desta iniciativa no tecido comercial local. O listado de establecementos participantes está dispoñíbel na web da ABE.

Daniel García, presidente da entidade empresarial boirense, destacou que “esta resposta confirma o compromiso da veciñanza co comercio local” e que “cada tícket rexistrado é unha mostra de apoio ás pequenas empresas que dan vida ás nosas rúas”. Ademais, subliñou que “iniciativas coma esta contribúen a reactivar a economía local, fidelizar clientes e xerar movemento nunha época clave como o verán”.

A ABE engade que “aínda que xa temos os primeiros gañadores, queda tempo para participar: todas as compras rexistradas entre o 16 de xullo e o 3 de agosto entrarán no segundo sorteo, que terá lugar o 4 de agosto”.

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.