Portosín acolle o I Campionato Galego de Wingfoil cun cartel de luxo

04 Xullo 2025

O Real Club Náutico de Portosín xa está preparado para albergar o primeiro Campionato Galego de Wingfoil, unha innovadora modalidade do deporte da vela que promete revolucionar as augas galegas. A cita, organizada polo club anfitrión en colaboración coa Real Federación Galega de Vela, reúne a unha destacada nómina de deportistas tanto a nivel autonómico como nacional e internacional.

Entre os rexistrados destaca a participación do regatista olímpico Iago López Marra, natural de Portosín e principal impulsor desta disciplina en Galicia. A súa presenza dá un carácter especial a un campionato que nace con vocación de consolidarse como unha referencia no calendario náutico galego.

Xunto a el, competirán nomes como Francisco Robleda, membro dunha recoñecida saga familiar vinculada á vela; Beatriz Lence, regatista de alto nivel na Clase Láser (actual ILCA); e o windsurfista Tomás Vieito, habitual en competicións internacionais como parte do equipo español.

As probas, deseñadas para maximizar o espectáculo e a técnica, desenvolveranse nun campo de regatas montado con boias ao vento, favorecendo os tramos en cinguida e minimizando os cruces entre participantes, que practicamente “voarán” sobre a auga grazas á tecnoloxía do wingfoil, tanto en altura como en velocidade.

O campionato reunirá a representantes de clubs de gran prestixio, como o Liméns W.S.C., o Club Náutico Castrelo de Miño, o Saint Francis Yacht Club (California), o Real Club Náutico da Coruña, o Real Club Náutico Rodeira de Cangas, o Real Club Marítimo de Málaga, e o Real de Portosín, anfitrión do evento.

O Top de saída está previsto para as 11:00 da mañá, marcando o inicio dunha xornada que supoñerá un reto organizativo e técnico para o comité de regatas, nun escenario que conxuga deporte de elite, innovación e paixón polo mar.

RCN Portosín

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.