Porto do Son continúa cos vermuts musicais deste verán.
Este domingo, 27 de xullo, Portosín acolleu o último deste mes de xullo a cargo de Sabela King & The Heartbreakers.
En agosto haberá catro novas sesións:
O día 3 será Juan do Tractor o encargado de amenizar a xornada, celebrada en Porto do Son.
Portosín acollerá os espectáculos dos días 10 e 17 de agosto, a cargo de Rockolas e Juan do Tractor respectivamente.
Por último, o 24 de agosto Elisabet Lustres pechará o ciclo en Porto do Son.
Todos os concertos teñen lugar ás 13:00 horas.




