O Concello de Ribeira reforza a seguridade este verán con oito novos axentes de Policía Local

08 Xullo 2025

O Concello de Ribeira xa conta con novos axentes para reforzar, este verán, a actividade da Policía Local. Serán un total de 8 profesionais que se incorporarán durante a tempada estival e permanecerán ata o mes de decembro. “Grazas a estas incorporacións poderase garantir unha maior seguridade cidadá, especialmente durante os meses de verán, nos que a poboación increméntase de xeito significativo debido á chegada de visitantes e nos que hai moitas celebracións”, informaron os representantes do Concello no acto oficial de recepción das e dos novos policías.

Ademais, dende o Consistorio informan que nos últimos dous anos o número de axentes fixos da Policía Local de Ribeira aumentou en tres, “consolidando así un cadro de profesionais máis amplo para atender as incidencias”.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, subliñou que “sabemos que temos que seguir nesta liña de aumentar axentes pero estamos facéndoo de maneira progresiva e na medida que temos recursos dispoñíbeis”.

Segundo o rexedor, este reforzo pretende ofrecer unha resposta máis rápida e eficaz ante calquera situación que poida xurdir, mellorar o control do tráfico e reforzar a vixilancia nos puntos máis sensíbeis do municipio: “É unha mostra clara do noso compromiso coa seguridade, tanto para a veciñanza como para todas as persoas que nos visitan durante o verán”, comentou.

O obxectivo principal desta iniciativa é mellorar a resposta ante emerxencias, garantir unha maior seguridade e contribuír ao bo desenvolvemento das actividades culturais, deportivas e de lecer que teñen lugar no municipio durante estes meses.

Dende o Concello de Ribeira lembran que esta medida forma parte “dunha estratexia máis ampla para mellorar a seguridade e o benestar de toda a cidadanía”. Neste sentido destacan que nestes dous anos ademais do aumento de axentes tamén se logrou facer o desaloxo do edificio ocupado das Avesadas ou que se está en contacto coa veciñanza de diferentes barrios para consensuar as medidas a implantar coas que mellorar a seguridade.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.