O Concello de Lousame abre do 7 ao 11 de xullo o prazo de inscrición no Lousame Concilia para o curso 2025-2026

04 Xullo 2025

O Concello de Lousame este luns 7 de xullo o prazo de inscrición no programa Lousame Concilia para o curso 2025/2026, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. O servizo empezará a prestarse dende o 8 de setembro, en horario de 7:30 a 9:00 horas.

O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 11 de xullo no Departamento de Servizos Sociais de Lousame. Os impresos poden recollerse nos Servizos Sociais de Lousame ou descargarse directamente da web municipal.

Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e co-financiado polo Fondo Social Europeo a través do Plan Corresponsables e a Consellería de Política Social e Igualdade.

O Concello de Lousame lembra que durante o curso escolar tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos en datas concretas, aínda que non estean matriculados no Lousame Concilia. Máis información nos Servizos Sociais, no 981 820 494 ou 689 126 385.

Concilia Verán

Por outra banda, esta semana arrincou nas instalacións do CPI Cernadas de Castro unha nova edición do Lousame Concilia Verán. Aínda que inicialmente se convocaran 40 prazas, finalmente son 55 os nenos e nenas que desfrutan deste programa de conciliación familiar grazas a que o Concello de Lousame decidiu ampliar o número de prazas para dar resposta a todas as familias do municipio que solicitaron este servizo.

Entre as iniciativas que se desenvolven diariamente figuran xogos tradicionais, xincanas, actividades deportivas, contacontos… e unha saída á piscina municipal todos os venres. O programa desenvólvese en horario escolar, de 9:30 a 14:30 horas, nas instalacións do colexio.

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.