O Concello de Boiro amplía o programa de visitas teatralizadas ao Pazo de Goiáns no mes de xullo

02 Xullo 2025

O Concello de Boiro ofrece un programa de visitas teatralizadas para coñecer a historia do Pazo de Goiáns de man dos Quinquilláns que se amplía ao mes de xullo. As prazas de cada visita son limitadas e requiren inscrición previa.

Estas visitas, que xa se viñan realizando dende o pasado verán, teñen a finalidade de dar a coñecer o noso patrimonio e a historia do Pazo de Goiáns a través das historias dos personaxes que o habitaron.

As visitas previstas para este mes de xullo serán o xoves 3 de xullo e o venres 11 de xullo ás 20.30 horas. Inscricións abertas na Casa da cultura de Boiro en horario de 8.00 a 13.30 horas ou no teléfono 981 84 84 25.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.