O 2º Maratón de Galeguidades da Deputación poderá seguirse en streaming en conectará a diáspora galega en 25 países

23 Xullo 2025

A Deputación da Coruña, en colaboración co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), impulsa o segundo Maratón de Galeguidades, un evento en liña pioneiro que terá lugar este xoves, 24 de xullo, véspera do Día de Galicia, e que conectará durante máis de once horas ininterrompidas a Galicia coa súa diáspora espallada por todo o mundo.

A Deputación explicou que “tras o gran seguimento da primeira edición celebrada o pasado ano”, este segundo maratón consolídase como un espazo de encontro global da galeguidade contemporánea, que poderá seguirse en aberto (en streaming en directo) a través da web www.galeguidades.hub.gal.

A iniciativa ten como obxectivo “resignificar a idea de galeguidade no século XXI, dándolle voz tanto á diáspora histórica como á nova emigración de galegas e galegos en todo o mundo”.

“Trátase de poñer en valor o talento, a creatividade e o compromiso das comunidades galegas no exterior desde múltiples perspectivas: cultural, social, científica, empresarial ou educativa, así como render tamén a nosa homenaxe á emigración galega e á importante contribución a construír a Galicia que hoxe somos”, afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

O programa incluirá conexións en directo con 25 países dos cinco continentes, con entrevistas, actuacións culturais e reflexións sobre identidade, lingua, ciencia, creación e territorio.

Entre as persoas participantes figuran nomes como o músico Mondra, o escritor, profesor e comunicador da Pobra do Caramiñal Manuel Galgo, os xornalistas David Reinero e Fernanda Tabarés ou a neurocientífica da Universidade de Houston Sonia Villapol, xunto con organizacións emblemáticas como a Irmandade Galega de Suíza, a Rede de Galegas no Reino Unido, a Asociación Internacional de Estudos Galegos, o Festival Emigrasón ou os centros galegos de Buenos Aires, Montevideo, Lisboa, Barcelona ou Sidney.

Con esta iniciativa, a Deputación da Coruña e o IGADI poñen en marcha un espazo de diálogo e proxección internacional para Galicia, “convertendo a véspera do 25 de xullo nunha celebración global da identidade galega”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.