Marta Villaverde inaugura unha nova edición da Festa da Xouba de Rianxo

22 Xullo 2025

Este 22 de xullo inaugurouse ás 20.00 horas a XXX edición da Festa da Xouba de Rianxo, que manterá abertas as súas portas até o 27 de xullo e que inclúe no seu programa un amplo abano de actividades que van máis alá do gastronómico e entroncan coa exaltación cultural e histórica de Rianxo e a súa relación co mar. Na inauguración participaron (entre outras/os) o alcalde rianxeiro Julián Bustelo, o alcalde de Padrón, Anxo Arca, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e a conselleira de Mar, Marta Villaverde.

Así, ademais de na propia xouba, a organización (Xouba de Rianxo e o Concello) porá o foco na cultura mariñeira que xira en torno ao dito produto gastronómico: a xouba. Mesas redondas, visitas guiadas, encontros de embarcacións, tapas variadas nos bares da vila e do concello e moita música serán os grandes ingredientes da celebración. Tamén haberá un oco para o audiovisual, coa proxección dos proxectos gañadores do certame de documentais Mares da Fin do Mundo.

No programa destaca tamén o roteiro gastronómico Tapea con xeito! (polos establecementos rianxeiros), no que participan O Costillar, o Castelao, o R7, o Aghro da Corna e o Curral do Marqués.

A Festa da Xouba conta coa colaboración da Consellería de Mar. Trátase, en palabras da Xunta, “dun relevante evento” que constitúe unha auténtica exaltación deste peixe que conta co selo de calidade propio dende 2023: Xouba de Rianxo, Pesca Artesanal, Arte do Xeito. Así o fixo saber este martes na inauguración a conselleira do Mar, Marta Villaverde, que reivindicou a traxectoria deste evento gastronómico que “combina a mellor gastronomía amosando as múltiples maneiras de elaborar este peixe, como asado, frito, en escabeche ou en empanada”.

A responsábel autonómica puxo en valor a contribución da cita gastronómica á promoción do consumo dos alimentos do mar cunha traxectoria de tres décadas dedicadas a divulgar a cultura mariñeira da localidade. Nesta liña, destacou “o protagonismo da carpintería de ribeira e o seu arraigo na zona como exemplo de posta en valor do patrimonio material e inmaterial vencellado ás actividades marítimas”.

Lembrou ademais que en 2024 foron comercializadas 14.000 toneladas de sardiña e xoubas nas lonxas galegas xerando unha facturación de 16 millóns de euros, “cifras que poñen negro sobre branco a importancia comercial desta especie e o seu impacto económico no sector”. Marta Villaverde resaltou neste ámbito a posta en marcha no 2023 dun selo de calidade propio coa marca colectiva Xouba de Rianxo Pesca Artesanal Arte do Xeito que ampara o bo facer dunha frota de máis de 220 embarcacións na ría de Arousa que utilizan esta arte de enmalle de deriva. Unha iniciativa que situou como modelo de revalorización dos produtos do mar na nosa comunidade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...