Inaugurada a Feira do Libro de Rianxo

24 Xullo 2025

A Feira do Libro de Rianxo inaugurouse este xoves 24 de xullo no seu emprazamento habitual, na praza de Castelao. Vén, como de costume, con postos de venda de libros e unha axenda de actividades paralelas como charlas, encontros con autores, presentacións de libros, narracións orais, concertos e actividades para a rapazada.

A feira estará aberta en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.30 a 22.30 horas (fins de semana e festivos a feira pechará pola mañá ás 14.30 horas).

Participan as seguintes librarías: ULA Libraría Social (Outes), Libraría Cartabón, Libraría Pedreira, Libraría Agrasar – Monforte, A Gata Tola, A Libraría De Rosa-Nobel Boiro e Librería Cándido.

O programa ao completo pódese consultar na web da Federación de Librarías de Galicia, organizadora da feira itinerante.

Na inauguración da Feira participaron o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o alcalde, Julián Bustelo. Lorenzo salientou que se trata “da novena parada do circuíto impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Federación de Librarías de Galicia”, e destacou tamén “o papel fundamental que supoñen estas propostas de cara ao impulso e dinamización da lectura para todas as idades”.

O director xeral puxo en valor “estas iniciativas, que potencian o descubrimento de novos autores, de novos xéneros literarios, de novas lecturas e enchen as cidades e vilas de diferentes propostas culturais para todos os públicos”. Así mesmo, Anxo M. Lorenzo agradeceu o traballo dos axentes implicados na organización da feira que contará cunha programación ampla e variada de máis de 40 actividades, entre as que se inclúen as sinaturas de libros de preto de vinte autores, presentacións, obradoiros infantís e máis de dez espectáculos para toda a familia, incluíndo concertos, actuacións de baile e música tradicional e funcións de maxia.

Baixo o lema Onde florecen os libros, esta feira foi inaugurada coa lectura do pregón a cargo do escritor Óscar Reboiras e a interpretación músical do cuarteto da Escola de Música de Rianxo, e permanecerá aberta ao público ata o domingo 27 de xullo, de 12 a 14 horas e de 18,30 a 22,00 horas.

Catro feiras por diante

Rianxo é a novena das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras iniciar o percorrido en Ferrol e pasar xa por Santiago de Compostela, Lugo, O Porriño, Redondela, Ourense, Vigo e Ponteareas, a Feira do Libro chega agora a Rianxo ata o 27 de xullo.

As catro Feiras do Libro que quedan son xa en agosto na Coruña, do 1 ao 10; Viveiro, do 12 ao 15; Foz, do 16 ao 19, e, finalmente, en Monforte de Lemos, do 20 ao 23.

Esta feira, que pode visitarse na praza Castelao, enmárcase dentro da campaña de verán Para gustos, cultura, unha iniciativa impulsada desde a Xunta de Galicia para encher o verán dunha oferta cultural diversa e de calidade que se desenvolverá en máis de 200 concellos de Galicia con máis de 3.400 actividades.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.