A praza Rafael Dieste de Rianxo vai dar acollida este este sábado 5 de xullo o XXI Festival de Baile e Música Tradicional da Asociación Fogo Fatuo de Rianxo.
Será a partir das 21:00 horas. Co festival porase o broche de ouro ás actividades formativas e dinamizadoras da asociación no presente curso.
Colaboran o Concello de Rianxo e máis a Deputación da Coruña.
Fogo Fatuo é unha asociación sociocultural para a promoción da cultura tradicional galega. Foi creada en 2008 e ten a súa sede no 23 da rúa Hospital de Rianxo.




