
Esta semana, entre o martes 15 de xullo e o xoves 17, vanse celebrar en Baroña (Porto do Son) as Festas do Carme, organizadas pola Comunidade de Montes de Baroña en colaboración co Concello e a marca Azul de Portosín da Confraría de Pescadores de Portosín.
A axenda comezará este martes ás 13 horas cunha misa solemne na honra de San Antón, amenizada con coro e gaiteiros e posterior saída en procesión. Ao remate haberá empanada para as persoas asistentes.
Ao día seguinte, mércores 13, a xornada adicarase á Virxe do Carme e comezará ás 13 horas cunha misa solemne na súa honra, amenizada con coro e gaiteiros e posterior saída en procesión. Logo celebrarase no adro da igrexa unha gran sardiñada con pan de millo de balde amenizada coa música dun grupo de gaitas.
A última das xornadas, adicada a San Roque, comezará ás 13.00 horas cunha misa solemne na honra do dito santo, amenizada con coro e gaiteiros e posterior saída en procesión. Ao remate haberá tortillas para as persoas asistentes.



