Corenta clubs de toda Galicia pisarán a area da Lombiña na proba nocturna de vólei praia

28 Xullo 2025

Corenta clubs de toda Galicia pisarán a area da praia da Lombiña-Cabío para participar na proba nocturna de vólei praia. O torneo, encadrado dentro do Circuíto Barbanza de Vólei Praia, está organizado polo Concello e o Club Vóleibol de Ribeira en colaboración con CONGALSA. A cita deportiva terá lugar o sábado, 9 de agosto, e o domingo, día 10.

O sábado, a partir das 10.00 horas, disputaranse as previas en grupo por equipos. Do total de participantes clasificaranse os oito mellores conxuntos, que xogarán o cadro de dobre eliminatoria contra os oito cabezas de serie. En canto ao cadro, está previsto a partir das 23.00 horas dese mesmo día, prolongándose ata as 4.00 horas. As finais da nocturna celebraranse a partir das 18.00 horas do domingo, día 10.

A inscrición estará aberta ata o martes, 5 de agosto, e os equipos interesados poderán anotarse no teléfono 629 824 957.

Foto: RTVE

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.