Comezan as xornadas “Muros Mira ao Mar”

04 Xullo 2025

O Concello de Muros celebra esta fin de semana, entre hoxe (venres 4) e o domingo 6 de xullo, a XX edición das Xornadas de Cultura Mariñeira, baixo o epígrafe Muros Mira ao Mar. A axenda de actividades vén con propostas para todas as idades. Serán, segundo fixo saber o Concello, tres días de mercado, concursos, obradoiros, visitas guiadas, música, maxia, xogos populares, izada de velas, conxuro de queimada, demostracións grastronómicas e exposicións… actividades todas elas vinculadas co mar.

Este venres celebrarase tamén un concerto da ESMU e haberá maxia, o conxuro da queimada e máis música polas rúas e prazas de Muros.

O sábado, circo, teatro e música con 9Louro e Susana Seivane, entre outros.

O domingo, fin de festa co Festival folclórico coa AF Ximiela, AC Ponte Vella, Grupo de música tradicional de Outes, As Carameleiras do Tremuzo e AC Princesa Dácil.

O Concello recibiu para a celebración deste evento unha subvención da área de Promoción Económica da Deputación da Coruña.

Quen queira consultar o programa ao detalle pode facelo no Facebook do Concello de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.