BoiroMotos 2025 será os días 25, 26 e 27 de xullo

21 Xullo 2025

O Concello de Boiro colabora co motoclub BoiroMotos nunha nova edición da concentración moteira, BoiroMotos 2025, que se celebra os días 25, 26 e 27 de xullo no parque da Cachada. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación do programa de actividades xunto con Adrián Blanco e David García, membros da directiva.

O programa de actividades comezará o venres 25d e xullo a partir das 12.00 horas coa recepción de asistentes, chourizada e música aberta ao público e pola tarde inchábeis, adestramentos de coches radio control, exhibición de Stunt e verbena con Deconcerto, DJ Tito Maverick e DJ Places.

O sábado comezan as actividades abertas ao público ás 11.00 horas coa exhibición de motos oldies e clásicas, curso de seguridade viaria para rapazada, inchábeis e adestramentos de coches radiocontrol; mexilloada para todos os públicos co grupo Arume; pola tarde xogos concurso de motos oldies e clásicas, exhibición de Stunt e verbena con DJ Mateo Abelleira, DJ Kike Varela e DJ Places.

As actividades rematan o domingo coa exhibición de Stunt ás 11.45 horas e degustación de paella e mexillóns aberta ao público xeral.

“O programa mestura actividades gratuítas e pensadas para todos os públicos, con exhibicións e tamén propostas musicais”, afirmaron dende a organización.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a implicación dos novos membros da directiva “por continuar con esta proposta que atrae a miles de persoas que durante a fin de semana se achegan a Boiro para desfrutar das motos e todas as propostas culturais e gastronómicas que programan dende BoiroMotos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.