Alumnado da UIC Barcelona presenta propostas para rexenerar o Barbanza con apoio da Fundación RIA

14 Xullo 2025

A Casa Ría da Fundación Ría, con sede en Santiago, abriu a exposición dos traballos realizados polo alumnado de cuarto curso de Arquitectura da UIC Barcelona School of Architecture, froito do acordo de colaboración entre a universidade e a Fundación RIA, creada por David Chipperfield, arquitecto inglés afincado en Corrubedo. O acto contou coa presenza do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral e do pobrense José Carlos Vidal, quen valorou positivamente esta iniciativa.

No marco deste convenio, o alumnado desenvolveu proxectos piloto que propoñen estratexias sostíbeis para conectar o contorno construído coa natureza e a economía local da Mancomunidade de Barbanza Arousa. Durante o curso, os estudantes visitaron a Casa RIA en Santiago de Compostela, asistiron a conferencias e participaron en obradoiros de traballo, culminando co deseño de propostas que buscan unha rexeneración urbana e territorial respectuosa coa identidade e as necesidades da comarca.

Na súa intervención, o alcalde Luís Pérez Barral subliñou que “é unha honra ver como o noso territorio esperta interese en futuras xeracións de arquitectos que traballan desde a sensibilidade, o respecto polo medio ambiente e a vontade de mellorar a calidade de vida da veciñanza. Proxectos coma estes demostran que a colaboración entre administracións, universidades e entidades como a Fundación RIA é positiva para avanzar cara a un desenvolvemento máis sostible e pensado para as persoas.”

A exposición mostra os proxectos elaborados polo alumnado, que inclúen propostas de aplicación, reflexións sobre materialidade, así como solucións técnicas para facer realidade as ideas presentadas. Este traballo conxunto exemplifica o compromiso da UIC Barcelona e da Fundación RIA coa formación de arquitectos preparados para afrontar os retos actuais desde unha perspectiva integral, vinculando arquitectura, sociedade e medio ambiente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.