A Mariña Mercante dixitaliza a tramitación do despacho de buques e o enrole da tripulación

22 Xullo 2025

A Dirección Xeral da Mariña Mercante (DGMM), do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostíbel impulso o novo Regulamento de Ordenación da Navegación Marítima (RONM), que entrarán en vigor o día 15 de agosto. Con esta nova normativa axilizaranse os trámites que requiren o despacho e enrole e desenrole da tripulación nos buques pesqueiros, mercantes e embarcacións de recreo mediante a posta en marcha dunha plataforma electrónica que reducirá tempos e tamén burocracia.

A Dirección Xeral iniciou este martes 22 en Vigo unha rolda informativa para atender as dúbidas dos distintos sectores afectados polos cambios normativos e facilitar “que a transición cara aos trámites telemáticos leve a cabo coa maior eficacia posíbel”. A información dirixiuse este martes 22 ao sector pesqueiro e púidose seguir en directo a través da canle de Youtube do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostíbel.

Por outra banda, o próximo día 28, en Valencia, a DGMM ofrecerá un relatorio dirixido ao sector de buques mercantes e de náutica de recreo. Ademais, as 30 Capitanías Marítimas dispersas polo litoral español tamén ofrecerán charlas informativas e resolverán dúbidas que poidan xurdir ante os próximos cambios.

Cambios no rol de despacho e dotación

O rol de despacho e dotación é un documento fundamental na xestión da navegación marítima, xa que acredita oficialmente quen están autorizados a formar parte da tripulación dun buque nunha viaxe determinada. A partir do día 15 de agosto, este trámite realizarase mediante unha plataforma electrónica que será obrigatoria para todos os buques nacionais. Nesta plataforma os interesados poderán enrolar e desenrolar a tripulantes, indicar as singularidades que afectan á súa navegación, e rexistrar datos das operativas e viaxes dos buques e embarcacións.

“A dixitalización”, explicou o Ministerio, “non só busca eficacia administrativa, xa que serán axilizados os trámites e reduciranse os erros, senón tamén maior rastrexabilidade, control de seguridade e cumprimento normativo”. O enrole formalizarase de forma inmediata e a lista de tripulantes enrolados será accesíbel tamén de maneira instantánea a través da sede electrónica. Ademais, a plataforma permite o acceso para realizar comprobacións en tempo real por parte dos interesados e da Administración marítima.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...