A Festa Hortera de Porto do Son renderá tributo a Queen, os días 1 e 2 de agosto

15 Xullo 2025

A estas alturas ningún verán no Barbanza pode presumir de ser un verán como ten que ser sen unha nova edición da Festa Hortera de Porto do Son, a festa charramangueira por excelencia do estío na nosa comarca. Coa nova edición, que se celebra os días 1 e 2 de agosto nas rúas da vila sonense, volven as homenaxes ás divas e aos divos que inspiraron a quen reivindicou a diversidade plena no xeito de vestir… e vivir. Desta volta, renderase tributo ao grupo inglés Queen, liderado polo seu carismático (e moitas veces charramangueiro) líder Freddy Mercury.

A Festa Hortera de Porto do Son celebrarase novamente na primeira fin de semana de agosto. Os días vindeiros daranse a coñecer máis detalles da axenda. Unha vez máis, a celebración será o principal marco de referencia da vertente charramangueira que todas e todos, en maior ou menor medida, levamos dentro. A Festa Hortera conta coa colaboración do Concello.

“Queen representa á perfección o espírito da Festa Hortera de Porto do Son, co seu compoñente de liberdade e paixón”, sinalaron recentemente dende a organización da festa, adiantando que a axenda virá ateigada de desfiles de moda, concertos, probas deportivas (a tradicional carreira de tacóns) e por suposto homenaxes DJ a Queen e aos seus grandes éxitos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.