A Asociación A Creba presenta a súa primeira peña dorneira

29 Xullo 2025

A Creba, asociación inclusiva do Barbanza centrada na plena participación social das persoas con doenzas mentais, presentou oficialmente a súa peña dorneira: Os Sentolos da Creba. Dende a entidade explican que se ben a comunidade da Creba xa participara outros anos en varias actividades da Festa da Dorna, como o percorrido do Facho que dá comezo á festa, ou no Mercado Solidario Dorneiro, este ano quixeron dar un paso máis e formar a súa propia irmandade dorneira, nomeándoa Os Sentolos da Creba ou As Sentolas da Creba. Crearon o seu propio logo coa colaboración de Demo Dixital e a roupa foi serigrafada na asociación AFEXDI, centro ocupacional de persoas con discapacidade intelectual de Santiago de Compostela. 

Como todas as peñas, tiveron que pasar polo exame de patróns da Festa da Dorna, onde ao inicio do mesmo explicaron que empregan a palabra “tolo” no seu nome porque sempre se relacionou cos problemas de saúde mental e quixeron apropiarse dela para reivindicar que son capaces de sacar humor do que lles pasa na vida sen tomalo de maneira persoal. 

Finalmente a nova peña foi aceptada despois de presentar o seu suborno, responder á mítica pregunta cales son as partes da ameixa? e facer a proba final. Na despedida o presidente destacou o agradecemento por parte da Real e Ilustre Confraría da Dorna (organizadora da festa) pola “participación dunha peña que proveña dunha asociación de persoas con problemas de saúde mental, dando unha lección ás persoas presentes por subirse ao escenario”.

Dende A Creba teñen a intención de aumentar a súa participación na festa, que, segundo recoñeceron, “cada ano é máis inclusiva e ofrece espazos para todo tipo de diversidades físicas, neurodiverxentes, sensoriais, etc.”, e estar presentes en máis actividades como o Top Secret, continuar aportando os seus produtos ao merchan dorneiro, pero sobre todo, “sentirse parte da súa comunidade de maneira activa e deixando os estigmas de lado”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...