Sábado 14, as Rías Baixas prepáranse para un fin de semana máis tranquilo e o inicio do tempo estival

13 Xuño 2025

O sábado marcará o inicio da melloría do tempo nas Rías Baixas, xa que Galicia irá recuperando gradualmente a influencia anticiclónica. Así, na mañá poderán rexistrarse algúns chuvascos illados, pero irán desaparecendo co paso das horas.

A partir do mediodía, os ceos iranse despexando, deixando paso ao sol na metade sur, onde se agardan máis claros. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas se manterán sen grandes variacións, aínda que poderían baixar un pouquinho na parte Norte.

O vento soprará de compoñente Norte, frouxo en xeral, pero máis intenso nas Rías Baixas, onde se agardan refachos moderados ao longo do día.

Domingo forte suba da temperatura e ceo despexado.

meteogalicia

O prognóstico a medio prazo adianta sol e temperaturas en alza.

meteoblue

O noso mar: Vento do noroeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.