Ribeira presenta as actividades deportivas de verán con máis de 330 prazas dispoñibles

03 Xuño 2025

Inscricións do 9 ao 13 de xuño.· Cada persoa poderá solicitar praza en tódalas actividades que lle sexan de
interese

O Concello de Ribeira vén de presentar a súa programación de Actividades Deportivas para o Verán 2025, unha ampla oferta dirixida á mocidade co obxectivo de fomentar o ocio activo e saudable durante os meses estivais.

No acto de presentación participaron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, a concelleira de Cultura, Antía Alberte, e os técnicos municipais das áreas de Deportes e Xuventude.

Vidal anunciou que este ano haberá oito escolas deportivas en terra, entre as que se inclúen: baloncesto, “nada e corre”, pádel, patinaxe, psicomotricidade, tenis, voleipraia e xadrez. “Intentamos cubrir o ocio da xente máis nova e da mocidade de Ribeira a través do deporte ao longo de todo o verán”, sinalou o edil, quen tamén animou á inscrición destacando o prezo accesible das actividades. En total, haberá 330 prazas cun custo de 18,60 euros por persoa.

Pola súa parte, Antía Alberte detallou a oferta náutica, que inclúe cursos de iniciación á vela, surf, windsurf, paddle surf e kaiac. Estas actividades están destinadas a nenos e nenas nados entre 2006 e 2016, sendo o único requisito indispensable saber nadar. Os prezos serán de 25 euros para vela e 50 euros para o resto das actividades acuáticas.

As clases de surf impartiranse nas praias do Vilar e da Ladeira, mentres que as de windsurf, paddle surf e kaiac terán lugar na praia de Coroso. As prazas definitivas publicaranse o 23 de xuño, e o prazo para realizar o pagamento rematará o 30 de xuño.

A concelleira quixo agradecer especialmente o traballo do persoal técnico municipal, “porque sen eles non sería posible contar con esta gran variedade de propostas”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...