Publicado o calendario laboral para 2026 Galicia tera como festivos autonómicos o 19 de marzo, o 24 de xuño e o 25 de xullo

20 Xuño 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2026 e no que se fixan como festivos propios o os días de San Xosé (19 de marzo),  o día de San Xoán (24 de xuño) e o Día Nacional de Galicia (25 de xullo).

A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (3 de abril en 2026), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2026 hai dous festivos nacionais de carácter obrigatorio que coinciden en domingo: o 1 de novembro (Festa de Todos os Santos) e o 6 de decembro (Día da Constitución) que Galicia propón substituír polo 19 de marzo (San Xosé) e o 24 de xuño (San Xoán), tendo en conta que o 17 de maio (Día das Letras Galegas) cae en domingo en 2026.

Os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2026 se celebrará o 2 de abril), que na Comunidade galega non se modifica de xeito tradicional; e dáselle a opción ás comunidades de escoller como opcional entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.

Polo tanto, as festas do calendario laboral para Galicia no 2026 que se determinan son: Aninovo (1 de xaneiro), Epifanía do Señor (Día de Reis – 6 de xaneiro), Día de San Xosé (19 de marzo), Xoves Santo (2 de abril), Venres Santo (3 de abril), Festa do Traballo (1 de maio), Día de San Xoán (24 de xuño), Día Nacional de Galicia (25 de xullo), Asunción da Virxe (15 de agosto), Festa Nacional de España (12 de outubro), Inmaculada Concepción (8 de decembro) e Natividade do Señor (25 de decembro). Ademais destes días, cada concello determina dúas xornadas festivas como propias da súa localidade.

Outros artigos

O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.