Os clubs de remo da Pobra e Cabo de Cruz gañan a I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña na Pobra

02 Xuño 2025

A Pobra do Caramiñal acolleu este sábado 31 de maio unha intensa xornada de remo coa celebración da I Bandeira de Bateis Deputación da Coruña, un evento impulsado pola institución provincial que reuniu a máis de 70 embarcacións procedentes de toda a provincia. A competición, que contou cunha destacada participación de clubs da comarca do Barbanza, repartiu 11.700 euros en premios e entregou bandeiras e medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría.

O evento estivo marcado pola alta participación e polo éxito organizativo do Club de Remo da Pobra (Club de Remo Puebla), que ademais conseguiu importantes vitorias ao longo da xornada. A mañá comezou coas regatas clasificatorias, nas que os equipos do Barbanza demostraron a súa forza, ocupando todas as prazas nas finais alevíns e mantendo unha forte presenza no resto de categorías.

Xa pola tarde, as finais definiron os equipos gañadores. O Club Náutico Ribeira proclamouse vencedor na categoría alevín feminina, seguido de Cabo da Cruz e Rianxo. Na categoría alevín masculina, impuxéronse os anfitrións da Pobra, por diante de Ribeira e Cabo da Cruz.

Na categoría infantil feminina, Cabo da Cruz acadou o primeiro posto, con Boiro e Pobra completando o podio. No apartado masculino, os da Pobra volveron alzarse coa bandeira, seguido de A Cabana-Ferrol e Cabo da Cruz.

En cadetes, o ouro foi para o Club Náutico Boiro en feminina, superando ás locais da Pobra, mentres que na masculina os locais volveron liderar por diante de Cabo da Cruz.

A categoría xuvenil feminina foi para Rianxo, seguida de Cabo e Esteirana; na masculina, venceu Boiro, con Pobra e Urme completando o podio. Finalmente, en sub-23, Rianxo sumou outra vitoria en feminina, mentres que Narón impuxo a súa forza na masculina, rompendo a hexemonía barbanzá.

A clasificación xeral situou o Club de Remo da Pobra como campión masculino da xornada, mentres que Cabo da Cruz acadou o título feminino.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, participou no acto de entrega de premios aos gañadores tras unha xornada que foi mol seguida polo público desde o peirao pobrense. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.