O Náutico de Outes acolle este venres 12 un obradoiro sobre comunicación e redes sociais

10 Xuño 2025

A Aula Sostíbel do Freixo e o Concello de Outes organizan esta semana un obradoiro de comunicación e xestión de redes sociais, co obxectivo de mellorar a empregabilidade da veciñanza e as súas capacidades-habilidades tecnolóxicas. A cita será este 13 de xuño en horario de mañá, de 11.00 a 13.30 horas no Náutico do Freixo (Outes). Quen precise máis información pode chamar ao número de teléfono 627 570 949. Colabora a Consellería do Mar.

O proxecto Aula Sostible do Freixo está emprazado na antiga aula unitaria da localidade e vén da man da Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros-Noia, ADISBISMUR, A Creba, Misela e o Concello de Outes, no marco de traballo do grupo GALP Costa Sostible. Entre os seus principais obxectivos están o coidado do medio mariño, o impulso as actividades pesqueiras e marisqueiras tradicionais e respectuosas cos recursos naturais e a inclusión social e laboral de persoas discapacitadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.