O Concello de Rianxo prosegue a renovación da beirarrúa da rúa Gudiños

22 Xuño 2025

O concelleiro de Obras de Rianxo, Alberto Angueira, supervisou o pasado venres 20 de xuño os traballos de rexeneración dun tramo da beirarrúa da rúa Gudiños no que se vén traballando nas últimas xornadas.

Segundo indicou, “hai uns meses levamos a cabo unha actuación na parte frontal do Centro de Saúde e con estes traballos que agora se levan a cabo querémoslle dar continuidade á iniciativa para seguir renovando as beirarrúas deterioradas en toda a zona e co obxectivo de facelas seguras para o tránsito de todos os veciños e veciñas”, destacou, engadindo que en paralelo a estes traballos, no lateral do Centro de Saúde de Rianxo habilitarase unha zona de estacionamentos en oblicuo para o persoal do centro e coa finalidade de liberar outras prazas de aparcamento do entorno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.