O Concello de Boiro e Turbina conmemoran o Día Internacional do Orgullo

23 Xuño 2025

O Concello de Boiro, xunto co grupo de voluntariado xuvenil Turbina, organiza un programa completo de actividades para conmemorar o Día Internacional do Orgullo, que será o venres 27 de xuño. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, participaron na presentación de actividades xunto con Antón Abeijón e Yolanda Egido, do grupo de voluntariado Turbina.

As actividades desenvolveranse no paseo marítimo de Barraña, a carón do edificio das Colonias de Praia Xardín, e comezarán ás 18.00 horas con obradoiro de tye-die, un photocall e un mural de mensaxes.

Ás 20.00 horas terá lugar a lectura do manifesto e seguidamente actuación de DJ Páraba Boba. A celebración contará cunha festa de po holi a partir das 20.30 horas.

Contarase tamén cun stand da campaña Agresión Off da Xunta de Galicia e, para conmemorar o Día Internacional do Orgullo, o Concello de Boiro está tamén adherido á campaña Liberdade de ser e sentir da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.