O Centro Arqueolóxico do Barbanza promove un obradoiro de caza prehistórica para rapazada

04 Xuño 2025

O Concello de Boiro, a través do Centro Arqueolóxico do Barbanza, promove un obradoiro de caza para rapazada no que descubrir como se realizaba na prehistoria. O taller desenvolverase o vindeiro o sábado 14 de xuño en dúas sesións, ás 11.30 e ás 17.30 horas.

A actividade está pensada para idades comprendidas entre os 6 e 14 anos e durante a sesión os rapaces e rapazas poderán descubrir que armas se usaban na prehistoria para a caza e que animais se cazaban, tamén poderán practicar co arco e a frecha.

Máis información e inscricións na web do Centro Arqueolóxico do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.