O 18 de xuño comeza o XII Rally Turístico Terras do Incio

18 Xuño 2025

O Rally Terras do Incio ultima os preparativos para unha nova e esperada convocatoria. A 12ª edición celébrase este ano do 18 ao 24 de xuño e unha vez máis percorrerá as terras galegas e as súas máis recónditas paraxes, para o deleite dos seus participantes e tamén dos espectadores.

Esta cita consolidouse entre os amantes do motor clásico e xa é todo un referente no sector pola calidade dos seus roteiros, establecementos e aloxamentos, pero sobre todo polos seus vehículos. Verdadeiras pezas de museo dos anos 1950 e posteriores, como Mercedes, Aston Martin, Masserati, Ferrari, Xaguar… Vehículos con historia que poderán contemplarse en diferentes puntos da xeografía galega.

O vindeiro mércores 18 de xuño, a praza do Concello de Sober será testemuña do arrinque deste evento. Alí os participantes, moitos deles repetidores, volven ao rally para apoiar o turismo de calidade e potenciar a economía local destes recunchos.

O xoves as Terras do Incio serán as protagonistas con paseo pola Ribeira Sacra, Cruz do Incio, Serra do Caurel e visita ao Museo do Ferrocarril.

O venres o rally emprende camiño a Santiago de Compostela, atravesando pantanos e pontes de ferro, con parada no Museo do Peregrino e pola noite termina no parador de Muxía na Costa da Morte.

O sábado o percorrido por parte da Costa de Morte, o Faro de Vilán, Camariñas e Fisterra, farán as delicias dos participantes con paradas e comidas para gozar a gastronomía galega en todo o seu esplendor.

O domingo empeza con visita ao Museo MAHI en Arteixo e logo o rally emprenderá a súa traxectoria cara a Ribadeo, onde todos gozarán de dous días con roteiros por casa indianas, capelas e máis, visita á praia das Catedrais e á Fábrica de Sargadelos.

Andrés Castro e Pilar Debelius empezaron esta aventura hai xa doce anos, coa intención de compartir cos seus seres queridos o amor por Lugo e as terras de Incio. A día de hoxe son moito máis zonas as que se foron engadindo a esta imprescindíbel cita do motor, aínda que o carácter do mesmo segue intacto. Promocionar e gozar Galicia como unha reunión de amigos, contando co apoio das institucións locais, aloxamentos, museos e establecementos e de todos os que fan posible que cada ano sexa un éxito.

A organización, respecto da non inclusión do rally no centro histórico de Compostela, fixo saber que esta ausencia débese “á negativa do Goberno Municipal a autorizar a súa exhibición no Obradoiro”, sinalaron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.