Mércores 4, ceos cubertos e risco de chuvascos febles darán paso a claros

03 Xuño 2025

Este mércores, as Rías Baixas espertarán baixo ceos maioritariamente cubertos e con algunhas precipitacións febles, sobre todo nas zonas máis occidentais e nas áreas de maior altitude. Todo isto debido a unha situación intermedia entre unha borrasca situada sobre Escocia e o anticiclón das Azores.

A boa nova é que, co avance do día, a situación irá mellorando. Pola tarde, os ceos tenderán a abrirse e teremos máis claros, especialmente nas zonas costeiras.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, e seguirán con valores suaves. O vento soprará frouxo do oeste-suroeste.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.