Mar inviste 210.000 euros na renovación das luminarias do porto de Rianxo con tecnoloxía LED de alta prestación

03 Xuño 2025

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 210.000 nas obras de renovación das luminarias do porto de Rianxo por tecnoloxía LED de alta prestación e control telemático. As obras están en execución esta primeira semana de xuño e “permitirán modernizar o alumeado exterior do porto, reducindo o consumo enerxético”, explicou a Consellería, engadindo que esta actuación forma parte dun plan global para unha trintena de dársenas autonómicas no que Portos inviste este ano 3 millóns de euros para dotar de sistemas de alumeado exterior sustentábel ao sistema portuario autonómico.

En concreto no porto de Rianxo, estase a actuar sobre 169 luminarias e proxectores para a súa renovación, incluíndo a retirada das instalacións existentes, substitución polos novos equipos LED, así como a dotación de sistemas de telexestión.

O obxectivo principal destes traballos de modernización é “reducir a contaminación ambiental e luminosa nos espazos portuarios, co apoio dun sistema de control remoto das luminarias”, informou Mar, que salienta tamén a maior comodidade visual aos seus traballadores e usuarios acadada con esta tecnoloxía, ademais de procurar un aforro enerxético estimado do 60%.

Mar engadiu que implantarase tecnoloxía LED con equipos de altas prestacións deseñados especialmente para traballar en espazos portuarios pola súa durabilidade en ambientes mariños e condicións climáticas adversas. Ademais, incrementarase a protección contra sobretensións e implantarase unha capa tecnolóxica para o telecontrol de iluminación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.