O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado polos concelleiros de Medio Ambiente e Cultura, Juan José Calo e Alicia Martínez, realizaron recentemente unha visita aos paneis informativos sobre as correntes das praias realizados polos nenos e nenas do CEIP de Seráns.
O Concello apoiou esta iniciativa do alumnado do centro que, con curiosidade e paixón, realizou o deseño destes carteis que informan sobre as correntes do mar e as zonas de seguridade de baño.

Para a realización dos paneis, as e os escolares puxéronse en contacto coa experta e oceanógrafa Yolanda que asesorou á rapazada sobre o funcionamento das correntes e sobre as zonas máis seguras das praias do municipio.
Tras a instalación dos taboleiros nos areais, desde o goberno local amosáronse orgullosos e ilusionados por esta gran marabillosa iniciativa e polo fomento do espírito crítico e creatividade do alumnado.
